Publicación das bases dos Premios de investigación sobre VIH e outras infeccions de transmisión sexual

A Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) procedeu á publicación das bases reguladoras dos premios de investigación sobre VIH e outras infeccións de transmisión sexual no DOG n.º 174 do 28 de agosto de 2020.

A finalidade destes premios é promover a investigación neste eido, dar publicidade á investigación galega e recoñecer a labor do personal investigador.

A dotación económica dos premios é a seguinte:

  • Primer premio dotado con 3.000 € á persoa asinante do artigo mellor valorado
  • Segundo premio dotado con 1.500 € á persoa asinante do segundo artigo mellor valorado
  • Dous accesit serán para as persoas asinantes do terceiro e cuarto artigo mellor valorados respectivamente.

 

Os artigos serán presentados por persoas físicas investigadoras cuxa investigación sexa realizada en Institutos, Centros, Universidades ou Axencias de Investigacion Galegas e que consten como primeiros/as autores/as de artigos, relacionados directamente coa infección polo VIH e/ou as demais ITS, publicados en 2019.

Para máis información (enlace ao DOG do 28 de agosto de 2020, clic AQUÍ)

Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS)

A Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.