Axudas destinadas a proxectos de investigación sanitaria traslacional. Programa Traslaciona. Covid 19. Reforzo da investigación sanitaria de Galicia
O programa Traslaciona Covid-19 ten como finalidade apoiar a investigación sanitaria na súa vertente traslacional, coa financiación de proxectos, ideas ou iniciativas xurdidas dentro do Sistema Público de Saúde de Galicia no eido da investigación sanitaria e orientadas á prevención, diagnóstico ou tratamento da enfermidade da COVID-19.
O programa Traslaciona Covid-19 apoia a investigación sanitaria mediante a convocatoria extraordinaria de axudas:
- En réxime de concorrencia competitiva.
- Encoméndase a ACIS a súa xestión.
- Os proxectos que se presenten serán exclusivamente traballos de investigación clínica, que se desenvolvan no Sistema Público de Saúde de Galicia, a través dos Institutos de Investigación Sanitaria nos que colabora o Servizo Galego de Saúde e o Sistema Universitario de Galicia.
Nesta páxina encontrará toda a información sobre a referida convocatoria extraordinaria de axudas (lembre que o prazo de solicitude comeza o 9 de xullo de 2020 e remata o vindeiro 29 de xullo do 2020)
Para máis información:Área de Planificación e Promoción da Investigación Sanitaria
Axencia de Coñecemento en Saúde, ACIS
Investigacion.ACIS@sergas.es
Telfs: 981568061 / 981568054