Premios Nacionais de Investigación 2021

O Ministerio de Ciencia e Innovación convocou os Premios Nacionais de Investigación 2021​​​​​​​, co obxectivo de dar estabilidade e visibilidade a estes galardóns e promover o seu impulso e recoñecemento entre a comunidade científica. Creados en 1982, estes premios son o recoñecemento máis importante de España no ámbito da investigación científica.
 
Os premios teñen como obxectivo recoñecer o mérito dos investigadores e investigadoras de nacionalidade española que estean a realizar un labor destacado en campos científicos de relevancia internacional e que contribúan excepcionalmente ao avance da ciencia, ao mellor coñecemento do ser humano e a súa convivencia, á transferencia de tecnoloxía e ao progreso da humanidade.
 
Poden ser candidatos e candidatas as persoas de nacionalidade española cuxo labor investigador constitúa unha contribución eminente ao progreso da ciencia e a tecnoloxía. Ademais deberán realizar unha parte significativa da súa carreira investigadora en España, estar en activo e desenvolvendo un labor relevante dentro da súa especialidade.
 
A contía total dos premios ascende a 300.000 euros, cunha dotación económica de 30.000 euros para cada unha das dez modalidades convocadas.
 
O prazo de presentación de candidaturas é dende o 25 de setembro ata as 15:00 h do 15 de outubro de 2021

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.