Premios 2022 de Investigación sobre VIH e outras infeccións de transmisión sexual

 

 

A Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) publicou as bases reguladoras dos premios de investigación sobre VIH e outras infeccións de transmisión sexual no DOG n.º 163 do 29 de agosto de 2022.

A finalidade destes premios é promover a investigación neste eido, darlle publicidade á investigación galega e recoñecer o labor do persoal investigador.

A dotación económica dos premios é a seguinte:

  • Primeiro premio, dotado con 3.000 € á persoa asinante do artigo mellor valorado
  • Segundo premio, dotado con 1.500 € á persoa asinante do segundo artigo mellor valorado
  • Dous accésits para as persoas asinantes do terceiro e cuarto artigo mellor valorados respectivamente

As persoas candidatas a estes premios serán as persoas físicas investigadoras, cuxa investigación fose realizada en institutos, centros, universidades ou axencias de investigación galegas e que consten como primeiros/as autores/as de artigos publicados no ano 2021, relacionados directamente coa infección polo VIH e as demais ITS.

Pódense consultar as bases e a resolución da convocatoria deste ano no lateral.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.