Participa na xornada informativa sobre os diferentes instrumentos de financiación e soporte ao emprendimento que ten dispoñibles EIT Health en 2023

Xoves 23 de febreiro ás 10:00h
Aula Magna - Edificio Profesor Novoa Santos - Hospital Clínico Universitario de Santiago
Inscrición previa aquí: https://community.eithealth.eu/events/105040

AXENDA

10:00- 10:15 Benvida institucional
10:15- 10:45 Oportunidades de colaboración con un biobanco - Dr. Máximo Fraga (BioBanco CHUS)
10:45- 11:30 Convocatoria de emprendedores EIT Health 2023 - Joan Grasas (EIT Health España)
11:30- 12:00 Experiencia previa con EIT Health  – María de la Fuente Freire (Diversa Technologies)
12:00- 12:30 Clausura e pincho networking

A QUEN VAI DIRIXIDA ESTA XORNADA?

A emprendedores e startups con solucións para o sector saúde (medtech, biotech, digital health) que teñan interese en coñecer instrumentos de financiamento e soporte ao emprendemento.

EIT HEALTH, UNHA NOVA COMUNIDADE DE COÑECEMENTO E INNOVACIÓN EN SAÚDE

A Unión Europea, a través do Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía (EIT) busca integrar as tres vertentes do coñecemento en saúde -formación, investigación e innovación-. A Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS) é socio da EIT Health.

Participa
Contidos relacionados

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.