Sistema de navegación virtual estereotáctica para ablación tumoral percutánea

Os sistemas de navegación virtual estereotáctica permiten guiar ao profesional a través da anatomía do paciente ata a lesión para tratar. Estes sistemas constan de diferentes tecnoloxías/elementos como programas de navegación, sistemas de guiado da punción e sistemas de fixación. Avalia-t realizou este informe de avaliación co obxectivo de determinar cal é a seguridade e eficacia/efectividade clínica da termoablación mediante radiofrecuencia ou microondas a través de punción percutánea guiada por sistemas de navegación virtual estereotáctica para o tratamento de neoplasias malignas hepáticas/renais/pulmonares en comparación con termoablación a través de punción percutánea guiada por técnicas de imaxe convencionais.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.