Convocatoria 2021 das axudas «Misións Ciencia e Innovación» do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial E.P.E. (CDTI)

No BOE de data 26 de xullo de 2021 publicouse o extracto da convocatoria 2021 de axudas destinadas ás MISIÓNS CIENCIA E INNOVACIÓN, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e do Programa Estatal para Catalizar a Innovación e o Liderado Empresarial do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación 2021-2023, cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos Nacional de Subvencións, con identificador BDNS: 576042 (fai clic aquí)

Esta é unha nova convocatoria de axudas do  Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial E.P.E. (CDTI) do programa «MISIÓNS CDTI»,  instrumento deseñado polo CDTI para o apoio á I+D empresarial e orientado a grandes iniciativas estratéxicas, intensivas en I+D e desenvolvidas en colaboración público-privada, coa finalidade de fomentar a transferencia de tecnoloxía entre centros de investigación e empresas a través de proxectos colaborativos. Estas iniciativas deben incorporar as tendencias e retos científico-técnicos máis recentes para identificar e resolver os desafíos de sectores produtivos críticos para a economía española.

Esta convocatoria está incluída entre as actuacións previstas no Plan Nacional de Recuperación, Transformación e Resiliencia, que recibirá o financiamento dos fondos Next Generation EU, entre eles, o Mecanismo de Recuperación e Resiliencia. A convocatoria destina 141 millóns de euros en axudas a proxectos de investigación liderados por empresas que ofrezan solucións aos nove grandes desafíos.

A Convocatoria «MISIÓNS 2021» está aberta dende o 27 de xullo ao 6 de setembro de 2021 ás 12 do mediodía (hora peninsular) a través da sede electrónica do CDTI.

Na parte inferior dispoñedes dun pequeno vídeo resumo da convocatoria e no lateral dereito a resolución da convocatoria e un resumo dela.

Convocatoria 2021 das axudas «Misións CDTI»

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.