Implantación de Mentoría de Asesoramento Xenético na rexión sudoccidental de Europa
MAG-SUDOE propón unha solución pioneira para implementar conxuntamente un servizo mentoría en asesoramento xenético (MAG) no suroeste de Europa, beneficiando os tres países implicados. O proxecto promove a resiliencia dos servizos de xenética e mellorará os coñecementos e recursos dos seus profesionais a través de actividades de formación inherentes a: transferencia de habilidades da acción piloto portuguesa para avaliar a viabilidade dun programa MAG; o desenvolvemento conxunto de metodoloxías MAG; e o deseño dunha estratexia conxunta para a súa implementación.
Aproveitará as sinerxías entre as asociacións de profesionais do asesoramento xenético e as institucións biomédicas líderes en innovación sanitaria. Os resultados proporcionarán un punto de partida para promover o MAG a escala transnacional, creando evidencias para fundamentar as decisións de política sanitaria para un sistema sanitario equitativo e de calidade.
O proxecto está liderado en Galicia polo grupo de xenética do IDIS a través da súa Fundación xunto con catro socios e outros asociados entre os que está a Axencia Galega de Coñecemento en Saúde con 3 anos de duración.
Socios:
- i3S - Instituto de Investigação e Inovação em Saúde da Universidade do Porto - coordinador (Portugal)
- Navarrabiomed-Fundación Miguel Servet (España)
- Centre Hospitalier Universitaire de Toulouse Pôle Biologie (Francia)
- Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela - Genética y Biología de Sistemas (España)
- SPSP - Sociedade Portuguesa de Saúde Pública (Portugal)
- Axencia Galega de Coñecemento en Saúde - asociado
Orzamento total: 1.274.025 €