Living Lab de Compra Pública de Innovación do CSIC

Os centros nacionais de investigación son os principais produtores de resultados públicos de I+D, incluídas as patentes. Os gobernos gastan a través da contratación pública ao redor do 15% do PIB na maioría dos países.

O obxectivo do Living Lab (LLab) de Compra Pública de Innovación (CPI) do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), é fomentar o uso da Compra Pública de Innovación como instrumento para transferir os resultados da ciencia ás empresas privadas que provén ao sector público.

Esta iniciativa nace baixo o proxecto PPI4MED -financiado polo Instrumento Europeo de Veciñanza do Programa de Cooperación Transfronteiriza na rexión mediterránea (ENI CBC Med)- e realízase en paralelo con outros tantos Living Labs en Italia, Exipto, Xordania e Tunes.

A Axencia Galega de Conocomiento en Saúde, como entidade adscrita á Consellería competente en materia de sanidade a través do Servizo Galego de Saúde, forma parte do grupo de entidades colaboradoras do Living Lab de Compra Pública de Innovación do CSIC.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.