JA PCM


Personalised Cancer Medicine

O proxecto JA PCM ten como obxectivo principal desta Acción Conxunta (JA) ampliar o acceso e o coñecemento da PCM en toda Europa coa visión de desenvolver intervencións sanitarias ao longo da vida, desde unha perspectiva multidimensional: desde a persoa, o paciente con cancro e o sobrevivente. Ten unha duración total de 48 meses ata o 2029.

Os 45 socios da JA recoñecen que a prevención, o diagnóstico, o tratamento e o seguimento deben abordarse de maneira coordinada para lograr o máximo beneficio para o paciente. Polo tanto, a JA centrase en tres áreas:
  • prevención personalizada e detección precoz;
  • medicina personalizada;
  • seguimento personalizado e prevención terciaria.

En colaboración coa Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde participamos nos paquetes de traballo de ampliación do espazo de tratamento mediante o acceso baixo a xeración sistemática de evidencias, a innovación dixital para mellorar a prestación de coidados de supervivencia, e o paquete de datos, avaliación de tecnoloxías sanitarias e acceso.

Orzamento total: 25.280.904 €

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.