I. A creación dunha nova spin-off ou a participación nunha xa existente poderán ser promovidas polas entidades incluídas no ámbito de aplicación deste decreto, ben a iniciativa propia ou ben a iniciativa do persoal investigador que preste os seus servizos nelas.
II. As entidades ou o persoal investigador que estivese interesado na constitución dunha nova spin-off ou na participación nunha spin-off xa creada, deberá presentar perante a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde unha solicitude que deberá ir acompañada, en todo caso, da seguinte documentación:
- Memoria na cal figure o/a investigador/a ou composición do equipo investigador, a súa vinculación co Sistema público de saúde de Galicia, así como as posibles incompatibilidades en que puidesen incorrer
- Memoria detallada sobre a tecnoloxía ou coñecemento e os resultados da investigación que se pretendan explotar comercialmente, con indicación da súa titularidade e dos beneficios que se pretenden obter
- Xustificación da proposta de participación das entidades incluídas no ámbito de aplicación do decreto no capital social, de ser o caso, e beneficios que achegaría a súa participación na empresa
- Xustificación da proposta de participación de cada un dos/das socios/as
- Plan de empresa que permita valorar a súa viabilidade técnica e financeira
- Relación detallada dos recursos propios das entidades incluídas no ámbito de aplicación deste decreto que se pretendan empregar para a constitución da spin-off
III. No caso de que se solicite a participación nunha spin-off xa constituída, deberá presentarse, ademais da documentación recollida no punto II:
- Escritura de constitución
- Estatutos sociais e demais pactos subscritos entre os/as socios/as
- Certificados emitidos pola Axencia Tributaria e a Tesouraría da Seguridade Social que acrediten que a compañía está ao día das súas obrigas ante ambas as dúas administracións
- Contrato de transferencia de resultados da investigación
- Información financeira da empresa
IV. No caso de que se solicite a constitución dunha nova spin-off, deberá presentarse, ademais da documentación recollida no punto II:
- Borrador da escritura de constitución
- Borrador dos estatutos da sociedade mercantil
- Borrador do contrato de socios