INAHTA

A International Network of Agencies for Health Technology Assessment (INAHTA) é unha rede internacional de axencias de avaliación de tecnoloxías sanitarias públicas de 30 países. O seu fin é apoiar o intercambio de coñecementos e de información. As recomendacións destas agencias axudan á toma de decisións en sistemas de saúde que cubren más de 1 billón de personas.

Obxetivos de INAHTA

  • Levar o liderado e a experiencia dos organismos de ETS para influir na ciencia e na práctica da comunidade sanitaria internacional.
  • Amosar o valor das axencias de ETS como componentes clave dos sistemas de saúde modernos para apoiar a toma de decisións baseadas na evidencia.
  • Apoiar as mellores prácticas e a innovación para construir e manter o crecemento das axencias de ETS.
  • Construir comunidades de práctica para permitir o intercambio continuo de coñecemento e o aprendizaxe entre os integrantes da rede.
  • Dentro de INATHTA, Avalia-t coordina o Glosario de Evaluación de Tecnologías Sanitarias en español, consensuado con representantes das Axencias de Evaluación de Tecnologías Sanitarias de Iberoamérica e España.

    Asemade, avalia-t colaborou na revisión e validación da nova base de datos de informes de avaliación de tecnoloxías sanitarias que ven a encher o espazo deixado pola Base de datos do CRD (University of York) que deixou de funcionar en marzo do 2019.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.