Guía para la elaboración y adaptación de informes rápidos de evaluación de tecnologías sanitarias

Liña de desenvolvementos metodolóxicos da Rede Española de Axencias de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias e Prestacións do SNS.

No desenvolvemento das funcións da Rede de Axencias de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias e Prestacións (RedETS) do Sistema Nacional de Saúde (SNS), anualmente no seu plan de traballo inclúe unha liña relacionada con desenvolvementos metodolóxicos, cuxa finalidade é actualizar, normalizar e harmonizar os procedementos e métodos de traballo. En este contexto enmárcase o desenvolvemento da presente Guía metodolóxica.

O obxectivo principal deste documento é sintetizar os aspectos máis importantes en relación coa estrutura, o contido e a metodoloxía da elaboración e adaptación de informes rápidos de avaliación (IRE) de tecnoloxías sanitarias no contexto da Rede de Axencias RedETS.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.