Guía de uso de ClinicalTrials.gov. Guías de Recursos de Información nº 3.

Este documento é unha obra derivada do proxecto Recursos de información: Guías de uso, realizado no marco de colaboración previsto no Plan de Calidade para o SistemaNacional de Saúde, elaborado polo Ministerio de Sanidade e Política Social, ao amparo do convenio de colaboración subscrito polo Instituto de Saúde Carlos III, organismo autónomo do Ministerio de Ciencia e Innovación, e a Fundación Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña.

Dentro do proxecto Recursos de Información: Elaboración de guías de uso, enmarcado no Plan de Calidade para o Sistema Nacional de Saúde 2009, avalia-t acaba de publicar as guías de uso da National Guideline Clearinghouse, base de datos e repositorio de guías de práctica clínica da Agency for Healthcare Research and Quality (AHRQ) e de ClinicalTrials.gov, web de U.S. National Institutes of Health (NIH), base que alberga unha extensa relación de ensaios clínicos patrocinados por organizacións sanitarias públicas e privadas, axencias federais estadounidenses e industrias vinculadas ao ámbito sanitario.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.