Guía de práctica clínica sobre la depresión mayor en la infancia y la adolescencia. Actualización. 2018

Este documento realizouse ao amparo do convenio de colaboración subscrito polo Instituto de Saúde Carlos III, organismo autónomo do Ministerio de Economía e Competitividade e a Unidade de Asesoramento Científico-técnico, avalia-t, unidade dependente da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS), no marco do desenvolvemento de actividades da Rede Española de Axencias de Avaliación de Tecnoloxías e Prestacións do SNS, financiadas polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. 2018. Esta GPC é unha axuda á toma de decisións na atención sanitaria. Non é de obrigado cumprimento nin substitúe o xuízo clínico do persoal sanitario.

A depresión maior na infancia e na adolescencia é un trastorno que representa un importante problema de saúde pública, cun gran impacto persoal e familiar, e é un dos principais factores de risco de suicidio en adolescentes. A pesar da súa relevancia, é un trastorno infradiagnosticado nestas idades e existe variabilidade no seu manexo clínico, con diferentes actitudes terapéuticas, de derivación ou de seguimento. Por todo iso supón un reto para o sistema sanitario e os profesionais implicados.

Con esta GPC preténdese ofrecer aos profesionais sanitarios unha ferramenta útil que dea repostas ás cuestións clínicas máis relevantes relacionadas coa atención a este trastorno, en forma de recomendacións elaboradas de forma sistemática e baseada na evidencia dispoñible na actualidade. Preséntase en diferentes versións, a versión completa na que detalla todo o proceso para chegar ás recomendacións que mellor se axustan tanto á evidencia como á práctica asistencial habitual, e a versión rápida que tenta favorecer o seu uso. Tamén está dispoñible unha versión para cidadáns e unha infografía.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.