- A xornada celebrouse os días 31 de marzo e 1 de abril en Valencia
- A Axencia Galega de Coñecemento en Saúde forma parte do nodo español da EIT Health dende o ano 2020 para promover un ecosistema de saúde innovador
Valencia, 2 de abril de 2025.- A Axencia Galega de Coñecemento en participou na xornada InnPulso Salud organizado polo nodo en saúde español do Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía (EIT Health Spain) celebrada o pasado 1 de abril en Valencia.
InnPulso Salud pretende agrupar o talento a nivel nacional para o fomento do coñecemento, a innovación e o emprendemento en saúde tendo en conta o marco europeo. Liderado pola EIT Health España, conta coa participación activa das organizacións membros de EIT Health en España e de todos aqueles actores dos ecosistemas de innovación comprometidos con xerar impacto na saúde, no sistema sanitario e na competitividade do tecido empresarial do sector a nivel nacional.
A xornada contou coa presenza de representantes do Ministerio de Sanidade, de Ciencia e Innovación e doutras comunidades autónomas encabezadas pola Generalitat Valenciana.
O director da área de desenvolvemento e innovación sanitaria da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde, José María Romero, participou na mesa de impulso dunha ciencia e sanidade emprendedoras para debatir sobre as claves para convertir a excelencia científica en España nas solución que necesitan os pacientes, xunto coa comisionada para o PERTE de saúde de vanguardia, Raquel Yotti; o director de xestión do Instituto de Investigación Marqués de Valdecilla, Galo Peralta; e a coordinadora científica da Fundación Vasca de Innovación e Investigación Sanitarias BIOEF, Lorea Mendoza.
A mesa foi moderada pola directora de investigación clínica e traslacional de Farmaindustria, Amelia Martin. Os poñentes debatiron sobre as claves para asegurar que o emprendemento dos investigadores, profesionais e xestores sanitarios sean fontes reais de saúde para os cidadáns e a competitivade do sector.
A xornada foi clausurada pola secretaria xeral de innovación do Ministerio de Innovación, Ciencia e Universidades, Teresa Riesgo e por representantes da EIT Health encabezadas pola súa directora xeral en España, Izabel Alfany.