- Galicia impulsa un proxecto piloto centrado na telemedicina para mellorar a atención de pacientes con fibrose quística.
- O encontro en Bruxelas reforza a colaboración europea na promoción da saúde e a prevención de enfermidades.
Bruxelas (Bélxica), 13 de febreiro de 2025.- O proxecto europeo Invest4Health reuniuse en Bruxelas os días 11 e 12 de febreiro para revisar os avances e coordinar os próximos pasos no desenvolvemento de modelos de financiación innovadores para a promoción da saúde e a prevención de enfermidades. A Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS) participa activamente neste consorcio composto por 18 entidades de 8 países, no marco do programa Horizonte Europa.
Durante a primeira xornada, os líderes dos diferentes paquetes de traballo presentaron os progresos realizados dende a última reunión, destacando os desafíos pendentes e as implicacións dos novos enfoques adoptados. Galicia, como rexión piloto, expuxo os avances no seu proxecto centrado na mellora da calidade de vida dos pacientes con fibrose cística mediante a ferramenta de teleasistencia TELEA do Servizo Galego de Saúde. Este enfoque busca optimizar o seguimiento e control dos pacientes, facilitando unha atención máis personalizada e eficiente.
O segundo día do encontro controuse na implementación dos modelos desenvoltos, con unha visión a 18 meses para a súa aplicación nos sistemas sanitarios rexionais. Ademáis, abordáronse temas como a franquicia social en salud e actualizouse o plan de acción do proxecto, reflexionando sobre os pasos a seguir tanto nos meses restantes de proxecto, como tras a finalización deste.
Este evento permitiu aos socios do consorcio compartir coñecementos, evaluar a aplicación de distintas ferramentas e metodoloxías, centrándose no modelo Smart Capacitating Investment (SCI), e fortalecer a colaboración entre rexións para fomentar a sostenibilidade e eficiencia na financiación sanitaria.
O proxecto Invest4Health, cunha duración de tres anos e medio e un presuposto de 5,5 millóns de euros, busca garantizar o acceso a unha atención sanitaria innovadora e de calidade en Europa, promovendo a adopción de medidas preventivas sostibles. A participación de Galicia neste consorcio europeo subliña o seu compromiso coa innovación no ámbito sanitario e a súa aposta por modelos que melloren a eficiencia e a calidade dos servizos de saúde.