Galicia participa na reunión anual do proxecto CIRCE en Roma, na que tres rexións europeas de Italia e Suecia están a introducir o sistema de telemonitorización do Servizo Galego de Saúde


  • O proxecto CIRCE ten a finalidade de transferir e implantar seis boas prácticas no ámbito da atención primaria de 4 estados membros (Bélxica, España, Portugal e Eslovenia) entre os 12 países participantes restantes. A súa duración é de 3 anoss e conta cun orzamento total de 12.218.074,07 €.
  • O sistema de teleasistencia domiciliaria (TELEA), está a ser implementada nas rexións europeas de Norrbotten (Suecia); Piemonte e Emilia-Romagna (Italia).

Roma (Italia), 26 de maio de 2026.- A Agenzia Nazionale per i Servizi Sanitari Regionale (AGENAS) acolleu durante os días 25 e 26 de maio en Roma a terceira reunión anual do proxecto europeo de acción conxunta para a transferencia de boas prácticas en atención primaria JA CIRCE. Galicia estivo representada polo Director da área de Desenvolvemento e Innovación Sanitaria da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), José María Romero, e o Técnico da Subdirección Xeral de Integración e Innovación Sanitaria do SERGAS, Pablo Cofreces.

A xornada liderada polos coordinadores do proxecto, o Servizo Andaluz de Saúde (SAS) xunto cos anfritións italianos, serviu para profundizar no avance dos traballos de paquetes de traballo e implantación dos seis pilotos previstos no proxecto. Galicia contribúe no proxecto como prescriptor da boa práctica no eido da teleasistencia con sistemas consolidados como TELEA.

Nestes dous días celebráronse sesións paralelas entre os propietarios das boas prácticas obxecto de transferencia e os seus respectivos implementadores. Na mesa redonda sobre TELEA abordáronse os avances na implantación dos pilotos de Piemonte, Emilia-Romanga, e Norbotten, os cambios respecto á boa práctica orixinal, os profesionais que participan no proceso de implementación, o sector poboacional ao que a acción vai dirixida, o número de pacientes implicados, a localización e duración do piloto, así como as actividades formativas e de implementación levadas a cabo.

A xornada continuou coa presentación das actividades dos paquetes de traballo sobre Proceso de transferencia e implementación, Reforzo de capacidades e Sostibilidades. Todas elas claves para continuar co desenvolvemento conxunto na implementación e transferencia de prácticas sanitarias. Para finalizar este encontro, o equipo de coordinación realizou un breve resumo das cuestións máis importantes abordadas durante o evento, así como dos obxectivos e actividades a desenvolver polos socios do proxecto nos vindeiros meses. 

A reunión presencial de CIRCE-JA permitiu analizar as actividades realizadas durante o último ano da joint action CIRCE e reforzar a cooperación e o diálogo entre as rexións participantes. Ademais, xerou un espacio de traballo no que programar as liñas de traballo ata fin de proxecto para garantir a efectiva implementación das 6 boas prácticas obxecto de transferencia nos sistemas sanitarios das rexións piloto e reforzar a atención primaria nos estados membros participantes. A reunión do Comité de Dirección do proxecto (Steering Committee Meeting) clausurou a xornada deste encontro presencial.
Contidos relacionados

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.