- Os días 13, 14 e 15 de maio celebrouse a asemblea xeral dos socios de PROCURE4HEALTH en Porto.
- A través deste encontro presencial, os socios tiveron a ocasión de opinar e debatir sobre os progresos obtidos no proxecto, producíndose o intercambio de experiencias en materia de compra pública innovadora entre o conglomerado de países que forman dita comunidade.
Santiago de Compostela, 16 mayo 2024.- Os días 13, 14 e 15 de maio tivo lugar a asemblea xeral de socios do proxecto PROCURE4HEALTH, destinado á creación dunha rede europea de compra pública innovadora no eido da saúde, xunto co intercambio de boas prácticas e coñecementos.
Na asamblea participaron en representación do Servizo Galego de Saúde, Javier Quiles del Río, Subdirector de Sistemas e Tecnoloxías da Información da área sanitaria de Ferrol; e por parte da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde o seu Director da área de Desenvolvemento e Innovación Sanitaria, José María Romero.
O evento comezou no primeiro dos días coa presentación de progresos para cada un dos paquetes de traballo nos que está divido o proxecto e coa visita ao centro médico portugués Atrys. Un dos aspectos a destacar foi a elevada valoración por parte dos asistentes nos “twinnings” reunións de irmandamento nos que Galicia xa participou recibindo rexións europeas e noutros coma en Zaragoza para aprender de boas prácticas realizacionadas coa compra pública innovadora no sector saúde.
Os seguintes días continuaron co traballo de elaboración dun plan de acción en compra pública innovadora de saúde para a Comisión Europea. En diversas ponencias e mesas de traballo continuouse a discutir con expertos de alto nivel os próximos pasos que a Comisión deberá abordar para implementar e promocionar a CPI a nivel europeo.
PROCURE4HEALTH
O proxecto PROCURE4HEALTH conta cun orzamento de 5 millóns de euros e busca crear unha rede europea de compradores públicos de solucións innovadoras en saúde. O proxecto o conforman 33 socios de 15 países, incluíndo 14 compradores públicos da Unión Europea. A participación en PROCURE4HEALTH integra ao SERGAS e ACIS na maior rede europea de compra pública innovadora de ámbito sanitario, axudando ás partes para definir necesidades comúns, trazar estratexias para os retos sanitarios do futuro, compartir boas prácticas de CPI e contribuír a transformalas en políticas públicas.
A nivel europeo, actualmente están en marcha seis proxectos europeos xunto con PROCURE4HEALTH cun orzamento que superan os 25 millóns de euros entre os que destacan: CIRCE para a transferencia e implantación de boas prácticas en atención primaria (12,2 M. €); INVEST4HEALTH que procura novos modelos de financiamento para os sistemas sanitarios (5,5 M. €); TRANSFIRESAÚDE cuxo obxectivo é o impulso da integración do ecosistema de I+D+i eurorexional en saúde (2,5 M. €); INNOV4LIFE para a creación dun ecosistema transfronteirizo no eido dos living labs (1,5 M. €); e HERCULES centrado na medicina personalizada e o fomento do envellecemento activo e saudable da poboación (1,6 M. €).
REFERENTES EUROPEOS EN COMPRA PÚBLICA INNOVADORA
Os primeiros recoñecementos chegaron da man dos proxectos InnovaSaúde e Hospital 2050 co segundo Premio Europeo de Compra Pública Innovadora (Procurement of Innovation Award 2015) da Comisión Europea e o Premio Nacional de Innovación 2013, na modalidade de Compra Pública Innovadora.
No 2021, o Servizo Galego de Saúde logra ser gañador dos I Premios Europeos á Contratación Pública de Innovación do Consello Europeo de Innovación (EIC) nunha candidatura na que se recolle a aposta pola compra pública innovadora con programas dende Hospital2050 e InnovaSaúde; ata Código100 centrado no envellecemento poboacional; Innova MicroLab para encarar a resistencia antimicrobiana; ou INNOVATRIAL un sistema innovador para a xestión integral dos ensaios e estudios de investigación biomédica, actualmente en execución.