Galicia mantén un encontro coas rexións implementadoras de TELEA no marco do proxecto europeo CIRCE

  • ​A Axencia Galega de Coñecemento en Saúde e o Servizo Galego de Saúde, a través da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria, participan no proxecto CIRCE, como propietarios da boa práctica TELEA.
  • O proxecto, destinado á transferencia e implantación de boas prácticas en atención primaria, conta cun financiamento de 12 millóns de euros e a participación de 14 socios europeos.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2024.- A Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS) e o Servizo Galego de Saúde, a través da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria, participaron hoxe nunha reunión en liña celebrada no marco do proxecto CIRCE-Joint Action Transfer of Best Practices in Primary Care.

Esta acción conxunta ten por obxectivo transferir e implementar seis boas prácticas no ámbito da atención primaria, desenvolvidas en Bélxica, Portugal, Eslovenia e España, a outros socios europeos. Entre estas boas prácticas seleccionadas destaca o sistema de teleasistencia domiciliaria do SERGAS (TELEA), que está a ser adaptada e pilotada en Norrbotten (Suecia), e nas provincias italianas de Alexandría (Piemonte), Modena (Emilia-Romagna) e Téramo (Abruzzo).

O webinario organizado no día de hoxe, estivo liderado e coordinado por representantes de NIJZ (Instituto Nacional de Saúde Pública de Eslovenia) no seu rol de líderes do WP7-Capacity building. Esta actividade do proxecto centrase no fortalecemento das capacidades das entidades implementadoras, mellorando as súas habilidades, conoñecementos, recursos e competencias para que podan abordar a implementación da boa práctica nos seus sistemas sanitarios.

A apertura da sesión estivo a cargo de Daniel Simón Valero, enfermeiro no Hospital de Vigo, formador de TELEA e técnico do servizo de Innovación (SERGAS); Marta Álvarez Vázquez, enfermeira e técnica do servizo de Integración Asistencial (SERGAS);  y representantes da ACIS. As presentacións centráronse en expoñer as características da ferramenta tecnolóxica TELEA e comparalas cas aplicacións de teleseguimento das rexións piloto; así como os criterios que deben guiar a evaluación do impacto desta intervención; e a formación impartida polo SERGAS para profesionais sanitarios e perfís de xestión. 

O encontro contou coa participación de representantes de Norrbotten (Suecia), Modena e Alexandría (Italia), que aportaron nova información sobre as súas ferramentas de teleseguimento e o  proceso de implementación da telemonitorización nos seus sistemas sanitarios. 

Esta reunión permitiu coñecer a situación actual dos pilotos, analizar as barreiras que están a atopar no proceso e definir as accións a seguir no marco desta acción conxunta nos próximos meses.
Contidos relacionados

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.