Guía de Práctica Clínica sobre atención paliativa al adulto en situación de últimos días

Considérase que os pacientes con enfermidade avanzada e irreversible que se atopan na situación de últimos días cando entraron nos últimos 7 a 10 días de vida. O obxectivo desta guía é mellorar a atención sanitaria das persoas nesta situación e das súas familias, nos distintos ámbitos e centros onde sexan atendidos (atención hospitalaria, atención primaria, atención en domicilio, servizos de urxencias e centros sociosanitarios). As áreas clínicas que se abordan inclúen: recoñecemento da situación de últimos días; comunicación e información; toma de decisións compartida e desenvolvemento do plan de coidados; hidratación; manexo de síntomas (dor, disnea, náuseas e vómitos, ansiedade, delirium e estertores) e sedación paliativa. A guía inclúe información sobre aspectos ético-legais desta situación, así como un documento de información para familiares e achegados.​​​​​​​​​


dientedeleon.png




Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.