Estamos traballando en


Consellería de Sanidade.
Proxectos en desenvolvemento a pedimento da Comisión Asesora (CA) para a Incorporación de Técnicas, Tecnoloxías ou Procedementos á carteira de servizos do sistema sanitario público de Galicia, da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria (DXAS), e doutros peticionarios (outros).
  • Efectividade e seguridade da estimulación cerebral profunda no Trastorno Obsesivo Compulsivo grave e resistente. Actualización continuada. [En proceso]


Rede Española de Axencias de Avaliación de Tecnoloxías (RedETS).
Proxectos en elaboración dentro dos plans anuais de traballo da Rede Española de Axencias de Avaliación de Tecnoloxías e Prestacións do SNS (RedETS), financiados polo Ministerio de Sanidade.
  • ​​Plan Pr​otección Pseudoterapias. Arteterapia. [En proceso]
  • Plan Pr​otección Pseudoterapias. ​Eficacia e seguridade das técnicas de liberación emocional para o tratamento de ansiedade, depresión e trastorno de estrés postraumático. [Próxima publicación]
  • ​Guías de práctica clínica. Actualización da guía de práctica clínica de atención paliativa no adulto. [En proceso]
  • Guías de práctica clínica. Guía de Práctica Clínica sobre deprescrición de antidepresivos​ [En proceso]
  • Informes de avaliación. Terapia de exposición con realidade virtual en persoas adultas con fobia específica [En proceso]
  • Informes de avaliación. Radioterapia Lattice no tratamento de tumores solidos de gran volume, tumores profundos e/ou enfermidade metastásica ou irresecable [En proceso]
  • Informes de avaliación. Catéter central de inserción periférica con reservorio (PICC-port) fronte ao reservorio torácico con catéter central (Port-a-Catch) en pacientes a tratamento con quimioterapia [En proceso]
  • Informes de a​valiación. Cromatografía líquida acoplada a espectrometría de masas en tándem para a análise clínica de hormonas sexuais e metanefrinas [En proceso]
  • Seguridad y eficacia clínica de la crioanalgesia en pacientes pediátricos tras intervención quirúrgica del pectus excavatum [En proceso]
  • Informes de avaliación. Efectividade dos modelos asistenciais basados na incorporación de psicólogos/as en Atención Primaria [En proceso]
  • Informes de avaliación. Detección precoz de dano no inxerto de pacientes receptores de ril e corazón mediante ADN libre derivado do doante (dd-cfDNA) [En proceso]
  • Informes de avaliación. Próteses endovasculares ramificadas para o tratamento de patoloxía do arco aórtico​ [En proceso]
  • Informes de avaliación. Avaliación económica dunha dose de vacina dTpa en adolescentes​ [En proceso]
  • Informes de avaliación. Ondas de choque extracorpóreas para o tratamento de feridas cutáneas crónicas [En proceso]
  • Informes de avaliación​. Malla antibiótica para dispositivos electrónicos cardíacos (DECI). [En proceso]​
  • Informes de avaliación. Actualización da avaliación da seguridade, efectividade clínica e coste efectividad do cribado neonatal de deficiencia de beta-cetotiolasa e de galactosemia clásica [En proceso]
  • ​Informes de avaliación. Terapia de presión negativa para o manexo de feridas cutáneas en adultos [Planeado]​
  • Informes de avaliación. Precisión diagnóstica do microscopio confocal ex vivo durante a cirurxía de Mohs de carcinomas basocelulares [Planeado]​
  • Informes de avaliación. Tratamento endovascular mediante radioembolización transarterial do hepatocarcinoma intermedio e avanzado [Planeado]

*Planeado: Protocolo realizado
*En proceso: Informe en desenvolvemento
*Próxima publicación: Informe en edición e maquetación
​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.