Diseminación de los productos de Evaluación de Tecnologías Sanitarias. Nuevas líneas de trabajo.

Este documento realizouse no marco de colaboración previsto no Plan de Calidade para o Sistema Nacional de Saúde, elaborado polo Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade, ao abeiro do convenio de colaboración subscrito polo Instituto de Saúde Carlos III, organismo autónomo do Ministerio de Ciencia e Innovación, e Fundación Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Dentro do marco do Plan de Calidade para o Sistema Nacional de Saúde, avalia-t publica o informe Diseminación dos produtos de ETS. Novas liñas de traballo.

Este traballo continúa a liña iniciada en 2008 por avalia-t para analizar as estratexias de diseminación das Axencias de avaliación de tecnoloxías sanitarias. Grazas ao traballo conxunto do grupo de responsables de documentación e diseminación das axencias españolas elabóranse recomendacións e estratexias para lograr unha diseminación máis eficiente dos produtos publicados, cabe destacar a necesidade de integrar a diseminación na planificación e estruturas das organizacións.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.