Este documento realizouse ao amparo do convenio de colaboración suscrito po lo Instituto de Salud Carlos III, organismo autónomo do Ministerio de Economía e Competitividade e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, no marco de desenrrolo de actividades da Red Española de Agencias de Evaluación de Tecnologías y Prestaciones del SNS, financiadas por el Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdade.
A hipertensión arterial é un importante factor de risco de enfermidade coronaria e cerebrovascular e de insuficiencia cardíaca e renal. A hipertensión arterial resistente, definida como aquela que persiste a pesar da administración de tres ou máis fármacos antihipertensivos en doses axeitadas, constitúe un desafío terapéutico e é un importante factor de risco cardiovascular e de mortalidade.
Co fin de avaliar a eficacia e seguridade da técnica de denervación simpática renal mediante ablación con catéter de radiofrecuencia endovascular a Axencia de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias de Galicia acaba de publicar unha revisión sistemática da literatura científica sobre o tema.