Convocatoria de axudas para proxectos de proba de concepto

No B.O.E. de data 12 de maio de 2022 publicouse a Orde  CIN/417/2022 do 4 de maio pola que se aproban as bases reguladoras de concesión de axudas públicas a proxectos de Prueba de Concepto, do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación para o período 2021-2023, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia , e pola que se aproba a convocatoria correspondente ao ano 2022.
 
Estas axudas teñen como finalidade financiar proxectos que aceleren a transferencia de coñecemento e resultados xerados en proxectos de investigación en progreso ou recentemente finalizados do Plan Estatal, a traves das modalidades de proxectos de I+D de `Xeración de Coñecemento´ e de proxectos de I+D+i de `Retos Investigación´.
 
Así mesmo estas axudas  estan orientadas a impulsar as primeiras etapas do desenvolvemento  precompetitivo e facilitar a súa aplicación práctica, como é a protección do coñecemento xerado, a análise da viabilidade técnica, comercial ou social, a obtención de prototipos tecnolóxicos, o desenvolvemento de escala piloto, as probas con usuarios finais, a definición do modelo de negocio, ou as primeiras etapas da creación dunha empresa.
 
Os proxectos de proba de concepto terán como obxectivo valorizar os coñecementos e resultados dos proxectos de investigación financiados nas convocatorias:
 
  • Convocatoria 2018 de axudas a Proxectos de I+D+i Retos de investigación
  • Convocatoria 2018 de axudas a proxectos de I+ G Xeración de coñecemento
  • Convocatoria 2019 de axudas a Proxectos de I+D+i, no marco dos Programas Estatais de Xeración de Coñecemento e Fortalecemento Científico e Tecnolóxico do Sistema de I+D+i e de I+D+i Orientada aos Retos da Sociedade.
 
O prazo de presentación de solicitudes é dende o  17 de maio ata o 31 de maio de 2022 ás 14:00 horas (hora peninsular española).
 
No lateral dereito dispoñedes dun acceso á convocatoria.
Fichas Resumo da Convocatoria Probas de Concepto 2022

Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS)

A Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.