Convocatoria de axudas para proxectos de IA no ámbito sanitario 2025

No BOE de data 31 de outubro de 2025 publicouse a Orde TDF/1213/2025, do 14 de outubro, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas destinadas á realización de proxectos de desenvolvemento experimental que impulsen a adopción da intelixencia artificial no ámbito da saúde, e procédese á súa convocatoria correspondente ao exercicio 2025, no marco do Plan Estratéxico de Subvencións 2025-2027 do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública.

Estas axudas teñen como finalidade subvencionar proxectos de desenvolvemento experimental que impulsen a adopción da intelixencia artificial no ámbito da saúde. 

Os proxectos terán como obxecto a experimentación nunha contorna con datos reais de solucións baseadas en intelixencia artificial que dean resposta a casos de uso en ámbitos como:

    procesos asistenciais (predicción, prevención, diagnóstico,             tratamento, atención e seguimento).
    • a investigación clı́nica, biomédica e farmacolóxica
    • a xestión dos sistemas sanitarios
   situacións de emerxencia sanitaria e saúde pública. 
      
Así mesmo, os proxectos deben incluír entre os seus obxectivos a demostración, validación ou certificación nunha contorna con datos reais que permitan verificar o impacto do prototipo de produto obxecto do proxecto.

A dotación total da convocatoria é de 50.000.000,00.-€. Pondendo obter unha axuda mínima de 400.000,.00-€ e axuda máxima de 5.000.000,00.-€ por proxecto presentado e límite por beneficiario. 

O prazo de presentación de solicitudes é dende o 3 de novembro de 2025 ata o 5 de xaneiro  de 2026 ás 23:59 horas (hora peninsular española). 

No lateral dereito dispoñedes dun acceso á  Orde de bases e á convocatoria, e as fichas resumo da convocatoria.


Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.