Convocatoria de axudas para o Persoal Técnico de I+D+i 2025

No BOE de data 23 de setembro de 2025 publicouse o Extracto da Resolución de 19 de setembro de 2025 da Presidencia da Axencia Estatal de Investigación, pola que se aproba a convocatoria 2025 das axudas para persoal técnico de I+D+i, do Programa Estatal de Recursos Humanos, no marco do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación para o período 2024-2027. O texto completo pódese consultar na Base de Datos Nacional de Subvencións, con identificador BDNS: 8561153

A finalidade destas axudas é incentivar a contratación laboral de persoal técnico de I+D+i  en Centros de I+D, destinado ao manexo de equipos, instalacións e demais infraestruturas de I+D+i  co fin de incrementar e mellorar as prestacións e rendemento das infraestruturas científico-tecnolóxicas.

En canto a contía máxima, esta ascende aos 10.000.000,00 de euros, que podería chegar a ser incrementada nunha contía adicional de ata 2.000.000,00 de euros.

As solicitudes de participación as presentaran os centros de I+D incluíndo nelas ás persoas participantes, aínda que previamente estas últimas deben cumprimentar o formulario electrónico da solicitude.

Os prazos para presentar as solicitudes son os seguintes:

- No caso dos Centros de I+D o prazo de presentación das solicitudes de participación abarca dende o día 8 de outubro de 2025 ata o día 22 de outubro de 2025 ás 14:00 horas (hora peninsular española).
- Sen prexuízo do anterior e no caso das persoas participantes, o prazo abarca dende o día 8 de outubro de 2025 ata o día 22 de outubro de 2025 ás 14 horas (hora peninsular española).

A continuación dispoñedes dun pequeno vídeo-resumo e no lateral dereito daquelas ligazóns ou documentos que resulten de interese.





Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.