No
BOE de
data 31
de outubro
de 2024
publicouse o Extracto da Resolución de
29
de outubro
de 2024
da Presidencia da Axencia Estatal de Investigación, pola que se
aproba a convocatoria 2024
das axudas para persoal técnico de I+D+i,
do
Programa Estatal de Recursos Humanos, no marco do Plan Estatal de
Investigación Científica, Técnica e de Innovación para o período
2024-2027. O
texto completo pódese
consultar
na Base de
Datos
Nacional de Subvencións, con identificador BDNS: 794095
A
finalidade destas axudas é incentivar a contratación laboral de
persoal técnico de I+D+i en Centros de I+D, destinado ao manexo de
equipos, instalacións e demais infraestruturas de I+D+i co fin de
incrementar e mellorar as prestacións e rendemento das
infraestruturas científico-tecnolóxicas.
En
canto a contía máxima, esta ascende aos 10.000.000,00 de euros, que
podería chegar a ser incrementada nunha contía adicional de ata
2.000.000,00 de euros.
As
solicitudes de participación as presentaran os centros de I+D
incluíndo nelas ás persoas participantes, aínda que previamente
estas últimas deben cumprimentar o formulario electrónico da
solicitude.
Os
prazos para presentar as solicitudes son os seguintes:
-
No caso dos Centros de I+D o prazo de presentación das solicitudes
de participación abarca dende o día 12 de novembro de 2024 ata o
día 3 de decembro de 2024 ás 14:00 horas (hora peninsular
española).
-
Sen prexuízo do anterior e no caso das persoas participantes, o
prazo abarca dende o día 12 de novembro de 2024 ata o día 26 de
novembro de 2024 ás 14 horas (hora peninsular española).
A
continuación dispoñedes dun pequeno vídeo-resumo e no lateral
dereito daquelas ligazóns ou documentos que resulten de interese.
Axudas
para contratos de Personal Técnico de I+D+i
2024
(ciencia.gob.es)
ministerio
acceso a solicitudes
Axudas
para contratos de Personal Técnico de I+D+i
| Axencia
Estatal de Investigación (aei.gob.es) aei