Convocatoria de Axudas para o desenvolvemento de Unidades de Investigación Clínica



No B.O.E. de data 9 de xullo do 2024 publicouse o Extracto de Resolución de 1 de xullo do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades pola que se aproba a convocatoria para o ano 2024 das as axudas para o desenvolvemento de Unidades de Investigación Clínica baixo o PERTE para a saúde de vangarda, no marco do Plan de Recuperación, Transformación E Resiliencia. O texto completo pódese consultar na Base de Datos Nacional de Subvencións, con identificador BDNS : 773473



O obxecto desta resolución é financiar actuacións dirixidas á creación ou consolidación de Unidades de Investigación Clínica en España. Estruturas pertencentes a centros sanitarios, como hospitais ou centros de atención primaria e que poden formar parte de Institutos de Investigación Sanitaria, dedicadas a apoiar o desenvolvemento de ensaios clínicos cunha orientación ás necesidades das persoas que participan neles. Grazas a estas axudas, apóianse recursos de infraestruturas, asesoramento científico, ético e administrativo.


A finalidade destas axudas é dar cumprimento ao obxectivo específico de fomentar o desenvolvemento da investigación e a innovación no sector sanitario dentro do investimento 6 do Compoñente 17 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, despregado a través da segunda fase do mesmo, baixo o marco do Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (PERTE) para a Saúde de Vangarda.


Esta nova convocatoria incorpora un novo elemento á vertebración das capacidades de investigación e innovación no Sistema Nacional de Saúde (SNS), con criterios de equidade no acceso da cidadanía aos recursos dispoñibles. Para iso, pon o foco na adecuada cobertura das necesidades dos pacientes que participan en ensaios clínicos e as súas familias, con especial atención a colectivos vulnerables, avanzando na humanización. Ademais, diríxese a reforzar a investigación clínica en zonas xeográficas con menor desenvolvemento identificado neste ámbito, para promover o acceso a ensaios clínicos da poboación nestas áreas


As entidades beneficiarias ás que van destinadas estas axudas son as entidades e institucións sanitarias públicas con actividade clínico asistencial:

  • ​hospitais, centros de atención primaria
  • outros centros asistenciais distintos dos anteriores con licenza de actividade sanitaria​

A contía total máxima de esta convocatoria é de 45.000.000,00 de euros.


O prazo de presentación de solicitudes é dende o 16 de xullo ata o 12 de setembro de 2024 ás 15 horas( hora peninsular española).


No lateral dereito dispoñedes dun acceso á resolución ,ao extracto da resolución e as fichas resumo da convocatoria​​​​

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.