No B.O.E. de data 12 de decembro de 2024 publicouse o Extracto da Resolución do 10 de decembro de 2024, da Dirección do Instituto de Salud Carlos III, O.A., M.P., pola que se aproba a convocatoria correspondente ao ano 2025 mediante tramitación anticipada de concesión de subvencións da Acción Estratéxica en Saúde (Liñas Estratéxicas de Investigación en Saúde 2024-2027), cuxo texto completo pode consultarse na Base Nacional de Subencions, con identificador BDNS:801915
O obxectivo destas axudas :
• Contratación de investigadores destinados á formación no campo das ciencias e tecnoloxias da saúde mediante a realización dunha tesis de doutoramento nos centros do SNS e en colaboración con empresas do sector sanitario.
• Contratación de persoal para realización de actividades de apoio á xestión da I+D+I nos IIS
• Contratación de profesionais exclusivamente nas entidades sanitarias de titularidade pública con actividade clínica-asistencial con formación sanitaria especializada no ámbito das ciencias e tecnoloxías da saúde .
• Contratación de Doutores recentemente titulados no campo das ciencias e tecnloxías da saúde, para perfeccionar a súa formacion.
• Contratación de Doutores de acreditada traxectoria investigadora.
• Contratación de persoal facultativo con experiencia en investigación en ciencias e tecnoloxías da saude.
• Contratos para á intensificación investigadora.
• Mobilidade de investigadores.
• financiamento de proxectos de I+D+i en saúde, como principal fonte de soporte á investigación realizada dentro do SNS e nos centros de investigación vinculados ao seu ámbito.
• A incorporación de novos grupos de investigación ao Consorcio CIBER
• Desenvolvemento de proxectos de colaboración internacional para abordar de forma conxunta e coordinada os grandes desafíos da sociedade, contribuíndo á consolidación do Espazo Europeo de Investigación.
A contía máxima destinada ás axudas ascende a 159.383.044,80 euros.
O prazo de presentación de solicitudes é:
1. Proxectos de desenvolvemento tecnolóxico: 11 de febrero ao 4 de marzo de 2025.
2. Contratos de Xestión en investigación en saúde e contratos do persoal técnico bioinformático de I+D+i nos IIS: 12 febreiro ao 4 de marzo de 2025.
3. Contratos Rio Hortega e Sara Borrell: 12 de febreiro ao 5 de marzo de 2025
4. Proyectos de investigación clínica independiente: 12 febreiro ao 6 de marzo de 2025.
5. Contratos Intensificación e axudas a movilidade (M-AE e M-BAE): 13 de febreiro ao 5 de marzo de 2025.
6. Contratos Miguel Servet e Juan Rodés: 13 de febreiro ao 6 de marzo de 2025.
7. Proxectos de I+D+I en salud: 18 de febreiro ao 18 de marzo de 2025.
8. Incorporación de novos grupos ao CIBER: 20 de febreiro ao11 de marzo de 2025.
9. Contratos PFIS e i-PFIS: 20 de febreiro ao 13 de marzo de 2025.
10. Proyectos de colaboración internacional : 2 de outubro ao 30 de octubro de 2025.
O prazo de presentación das solicitudes en todas elas remata ás 15:00 horas (hora peninsular española).
No lateral dereito dispoñedes da convocatoria, o extracto da convocatoria e as fichas resumo.