Convocatoria de Axudas a Proxectos de Proba de Concepto 2025

No B.O.E. de data 7 de xuño de 2025 publicouse o Extracto de Resolución de 5 de xuño da Presidencia da Axencia Estatal de Investigación pola que se aproba a convocatoria correspondente ao ano 2025 das axudas a Proxectos de Proba de Concepto, cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos Nacional de Subvencións, con identificador BDNS: 828229


Estas axudas teñen como finalidade financiar proxectos que aceleren a transferencia de coñecemento e resultados xerados en proxectos de investigación en progreso ou recentemente finalizados do Plan Estatal , a través das modalidades de ``Proxectos de Xeración de Coñecemento´´, proxectos de I+D de ``Xeración de Coñecemento´´ e de proxectos de I+D+i de ``Retos Investigación´´.


Os proxectos deben mostrar potencial para incorporar os seus resultados ao mercado ou para xerar valor na sociedade.


Así mesmo estas axudas estan orientadas a impulsar as primeiras etapas do desenvolvemento precompetitivo e facilitar a súa aplicación práctica, como é a protección do coñecemento xerado, a análise da viabilidade técnica, comercial ou social, a obtención de prototipos tecnolóxicos, o desenvolvemento de escala piloto, as probas con usuarios finais, a definición do modelo de negocio, ou as primeiras etapas da creación dunha empresa.


Os proxectos de proba de concepto terán como obxectivo valorizar os coñecementos e resultados dos proxectos de investigación financiados nas convocatorias:


  • Convocatoria 2020 de axudas a Proxectos de I+D+i, no marco dos Programas Estatais de Xeración de Coñecemento e Fortalecemento Científico e Tecnolóxico do Sistema de I+D+i e de I+D+i Orientada aos Retos da Sociedade.
  • Convocatoria 2021 de axudas a ``Proxectos de Xeración de coñecemento´´
  • Convocatoria 2022 de axudas a ``Proxectos de Xeración de coñecemento´´
  • Que do proxecto de investigación non derivase un proxecto de proba de concepto financiado na convocatoria 2023 da Axencia Estatal de Investigación


A contía máxima destinada a financiar esta convocatoria é de 30.000.000,00 de euros.


O prazo de presentación de solicitudes é dende o 19 de xuño ata o 10 de xullo de 2025 ás 14:00 horas (hora peninsular española).


No lateral dereito dispoñedes dun acceso á convocatoria e ao extracto da convcatoria.


Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.