No DOG de data 13 de xullo de 2021 publicouse a convocatoria da Axencia de Innovación (GAIN) das axudas para proxectos de I+D+i relacionados coa COVID-19 que favorezan a recuperación e a transición dixital das pemes galegas, Programa CONECTA COVID, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020 como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID19 (clic AQUÍ).
Conecta Covid é unha liña de axudas para proxectos de I+D+i relacionados coa Covid-19 orientados ao dobre obxectivo de facer fronte á pandemia e contribuír á transición dixital das empresas, especialmente das pemes, favorecendo a recuperación económica de Galicia.
O programa CONECTA COVID ten dúas liñas de axudas:
- Liña 1: proxectos de investigación industrial e desenvolvemento experimental (I+D) relacionada coa COVID-19 (IN852D).
- Liña 2: proxectos de innovación en produto relacionada coa COVID-19 (IN852E).
Poderán ser beneficiarias destas axudas:
- As empresas pequenas, medianas ou grandes.
- Organismos de investigación e difusión de coñecementos cando participen en proxectos de investigación industrial e desenvolvemento experimental (só poderán participar na Liña 1).
O prazo de presentación de solicitudes é do 14 de xullo ao 13 de agosto do 2021.
No lateral dereito dispoñedes dun pequeno resumo da convocatoria.