As Redes de Investigación Cooperativa Orientadas a Resultados en Saúde (RICORS) son estruturas constituídas por un conxunto de grupos de investigación que teñen un obxectivo de investigación común, concreto e alcanzable. Ditos grupos de carácter multidisciplinar pertencen a un conxunto variable de centros de investigación en biomedicina, dependentes das diferentes Administracións públicas ou do sector privado e pertencentes a un mínimo de dez Comunidades Autónomas.
Con esta nova convocatoria, financiaranse redes nas mesmas temáticas de anos anteriores, formadas polos participantes nas xa existentes ou con novos grupos e institucións, para avanzar na vertebración da investigación cooperativa en saúde.
A finalidade das RICORS é:
a) Promover a investigación orientada a resultados en saúde mediante a coordinación do tecido investigador no ámbito do SNS en torno a un obxectivo de investigación concreto e definido, de utilidade específica para o conxunto da cidadanía.
b) Vertebrar a I+D+i entre grupos de investigación procedentes de diferentes Comunidades Autónomas orientando a súa actividade investigadora cara a obxectivos comúns que permitan a obtención de resultados trasladables á poboación.
As propostas deberán referirse a unha das áreas temáticas seguintes:
• Atención Primaria, cronicidade e promoción da saúde, incorporando enfermidades crónicas e multimorbilidade, promoción da saúde con perspectiva de xénero, investigación en implementación, saúde materno-infantil e adiccións;
• Inflamación e inmunopatoloxía de órganos e sistemas, incorporando atención a enfermidades non transmisibles do sistema inmunitario;
• Enfermidades renais
• Terapias avanzadas, incluíndo terapia celular e terapia xénica;
• Enfermidades vasculares cerebrais.
A duración da actuación é de tres anos.
Na actualidade, existen 7 Redes de Investigación Cooperativa Orientadas a Resultados en Saúde.
• Rede de investigación en atención primaria de adiccións (RIAPAd)
• Rede de investigación en cronicidade, atención primaria e promoción da saúde (RICAPPS)
• Enfermidades inflamatorias
• RICORS2040 (KIDNEY DISEASE)
• RICORS-ICTUS
• RICORS TERAV
• "Primary care interventions to prevent maternal and child chronic diseases of perinatal ande developmental origin" (RICORS-SAMID)
Acceso ás páxinas Web destas Redes, dispoñible eiquí
A contía total máxima de esta convocatoria é de 30.000.000,00 de euros.
O prazo de presentación de solicitudes é dende o 1 de agosto ata o 19 de setembro de 2024 ás 15 horas( hora peninsular española).
No lateral dereito dispoñedes dun acceso á resolución ,ao extracto da resolución e as fichas resumo da convocatoria.