Convocatoria Persoal Técnico de Apoio 2022

No BOE de data 21 de decembro de 2022 publicouse o Extracto da Resolución do 19 de decembro de 2022 da Presidencia da Axencia Estatal de Investigación, pola que se aproba a convocatoria 2021 das axudas para persoal técnico de apoio, cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos Nacional de Subvencións, con identificador BDNS:663056


A finalidade destas axudas é incentivar a contratación laboral de persoal técnico de apoio destinado ao manexo de equipos, instalacións e demais infraestruturas de I+D+i a fin de incrementar e mellorar as prestacións e o rendemento das infraestruturas científico-tecnolóxicas.



A contía máxima destinada a financiar esta convocatoria ascende a 9.000.000 euros que poderá ser incrementada cunha contía adiccional de ata 2.000.000 euros.

As solicitudes de participación serán presentadas polas entidades. Previamente á presentación da solicitude, a persoa participante realizará o enchemento do formulario electrónico de solicitude.

O prazo de presentación de solicitudes é dende o día 26 de xaneiro ata o 16 de febreiro de 2023 ás 14:00 horas (hora peninsular española) por medios electrónicos a través dsede electrónica do Ministerio de Ciencia e Innovación.

Sen prexuízo do anterior, o prazo para o enchemento e firma polas persoas participantes do formulario electrónico de solicitude será do 26 de xaneiro ó 9 de febreiro de 2023 ás 14:00 horas (hora peninsular española).

Acceso a Sede Electrónica da Axencia estatal de Investigación Click Aquí

No lateral dereito dispoñedes do Extracto da convocatoria, a convocatoria e as fichas resumo da convocatoria.


Na parte inferior dispoñedes dun pequeno vídeo resumo da convocatoria.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.