No
B.O.E. de data 17
de xullo
do
2024
publicouse o Extracto
de Resolución de 11
de xullo do
Ministerio de Ciencia,
Innovación e Universidades
pola que se aproba
a convocatoria para o ano 2024
das as axudas a
Proxectos de Investigación orientados á Implantación da Medicina
Personalizada de Precisión
baixo o PERTE para a saúde
de vangarda, no
marco do Plan de Recuperación, Transformación e
Resiliencia.
O texto completo pódese
consultar na Base de
Datos Nacional de
Subvencións, con identificador BDNS : 775066
O
obxecto desta resolución é financiar proxectos capaces de
transformar a toma de decisións na práctica clínica e nas medidas
de saúde pública, avanzando nunha Medicina máis segura, eficiente,
preventiva e preditiva, baseada na adecuada utilización de datos
masivos e adaptada ás características individuais que afectan á
saúde.
A
finalidade destas axudas é
financiar
proxectos de calidade contrastada para a implementación, no SNS, de
actuacións clínico asistenciais que, baixo o concepto global de
Medicina Personalizada de Precisión, permitan mellorar a prevención,
diagnóstico, tratamento e calidade de vida das persoas
Cinco
liñas de investigación:
a)
Validación de biomarcadores útiles para a valoración da exposición
e a detección precoz de enfermidades relevantes pola súa
frecuencia e o seu impacto social, con especial orientación á súa
translación á cohorte do piar IMPACT de Medicina Preditiva.
b)
Integración da exposición ambiental na cohorte IMPaCT e efectos en
saúde.
c)
Harmonización e integración da información procedente da historia
clínica de atención primaria e hospitalaria útil no seguimento en
estudos de cohortes de poboación xeral, con especial orientación á
súa translación á cohorte do piar IMPaCT de Medicina Preditiva.
d)
Estratexias de captura e procesamento de información clínica,
xenómica e información non convencional que esixan altas
capacidades de computación e permitan a súa integración nos
estudos de medicina de precisión
e)
Variabilidade xenómica da cohorte IMPaCT e a súa relación con
variables xeográficas, demográficas e étnicas.
A
contía total máxima de esta convocatoria é de 25.000.000,00 de
euros.
O
prazo de presentación de solicitudes é dende o 18 de xullo
ata o 5 de setembro de 2024
ás 15 horas( hora peninsular española).
No
lateral dereito dispoñedes dun acceso á resolución ,ao extracto da
resolución e as fichas resumo da convocatoria.