Convocatoria 2023 para a obtención do Certificado R3


No B.O.E. de data 10 de marzo de 2023 publicouse a Resolución do 15 de febreiro da Presidencia da Axencia Estatal de Investigación pola que se aproba a convocatoria correspondente o ano 2023, para a obtención do certificado R3 como investigador/a establecido/a, conforme ao previsto na Lei 14/2011, do 1 de xuño, da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación.


A finalidade desta actuación é valorar a carreira dos investigadores/as nacionais e estranxeiros/as no marco dun itinerario posdoutoral de acceso ao Sistema Español de Ciencia Tecnoloxía e Innovación, de maneira que iso permita recoñecer a súa calidade e independencia investigadora e, cumprindo co perfil europeo de investigador establecido (R3), a obtención da certificación R3 como investigador/a establecido/a.


O certificado R3 como investigador/a establecido/a será recoñecido nos procesos selectivos de persoal de novo ingreso estable que sexan convocados polas universidades, polos OPIs e outros organismos da AGE, polos organismos de investigación doutras Administracións.



O prazo de presentación de solicitudes é dende o 20 de marzo ata o 13 de abril de 2023 ás 14 horas( hora peninsular española).


No lateral dereito dispoñedes dun acceso á resolución e as fichas resumo da convocatoria.​​​

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.