Convocatoria 2021 de axudas a proxectos de xeración de coñecemento da Axencia Estatal de Investigación

No BOE de data 15 de novembro de 2011 publicouse o extracto da Orde do 11 de novembro pola que se aproba a convocatoria de tramitación anticipada para o ano 2021 do procedemento de concesión de axudas a «Proxectos de Xeración de Coñecemento», cuxo texto se pode consultar na Base de datos Nacional de  Subvencións, con identificador  BDNS 590214.

Trátase dunha nova convocatoria de axudas da Axencia Estatal de Investigación (AEI) incluída no marco do Programa Estatal para Impulsar a Investigación Científico-Técnica e a súa Transferencia, do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación 2021-2023.

Estas axudas teñen como finalidade contribuir á xeración de capacidades de investigación e a colaboración e internacionalización dos equipos que traballan en organismos de investigación. Asemade, tamén pretenden fomentar a creación de esquemas de cooperación científica mais potentes.

A contía total máxima desta convocatoria é de 452.000.000 €, sendo 312.000.000 € en forma de subvención e 140.000.000 € en forma de anticipo reembolsable FEDER.

O prazo de presentación de solicitudes é do 23 de novembro ata o 15 de decembro de 2021 (14:00 h peninsular)

Na parte inferior dispoñedes dun pequeño video resumo da convocatoria.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.