O Servizo Galego de Saúde participa como entidade compradora na Consulta Preliminar ao Mercado (CPM) do proxecto europeo REHEAL, unha iniciativa financiada pola Unión Europea co obxetivo de aportar unha solución innovadora no ámbito da saúde que reforce o seu principio verde e sostible.
A CPM é un proceso estructurado de diálogo aberto co mercado que permite ás entidades compradoras:
- Coñecer o estado do arte das solucións existentes ou en desarrollo.
- Contrastar necesidades non cubertas.
- Recoller aportacións técnicas e estratéxicas de empresas, centros tecnolóxicos e outros axentes innovadores.
A participación en CPM non supón unha licitación, pero sí un paso clave para definir futuras estratexias de compra pública innovadora.
Fases e calendario da CPM de REHEAL
- 19 de xaneiro - Publicación da CPM - Publícase a información xeral da CPM de REHEAL na web oficial do proxecto, onde se detallan os retos, obxetivos e o alcance da consulta. Máis información: https://www.rehealhorizon.eu/pcp
- 9 de febreiro - Apertura da participación -Habilítanse os formularios de participación para ideas, dúbidas e comentarios en relación co reto plantexado. Máis información: https://www.rehealhorizon.eu/helpdesk
- 11 de febreiro as 14:00 h - Webinar informativo do proxecto a nivel europeo - Os coordinadores do proxecto REHEAL (Escocia) organizan un webinar informativo no que se explican as bases da CPM e procedemento de participación. Idioma: inglés. Acceso mediante rexistro previo aquí.
- 18 de febreiro - O Servizo Galego de Saúde e a ACIS organiza o acto da CPM de REHEAL no salón de actos da Consellería de Sanidade con vontade de ser celebrado en formato retransmitido, co obxectivo de fomentar a participación de empresas e axentes innovadores. Durante esa mesma semana, os outros compradores do proxecto levarán a cabo os seus propios eventos locais da CPM en Polonia, Grecia, Dinamarca e Reino Unido (Escocia).
Descripción do reto REHEAL
Por que participar?
- Coñecer mellor o Desafío REHEAL e as próximas oportunidades.
- Compartir a súa perspectiva sobre os retos e as necesidades de innovación.
- Axudar a dar forma aos futuros requisitos da CPP xunto con organizacións sanitarias europeas.