Canaloplastia en el glaucoma de ángulo abierto.

Este informe realizouse a petición da Comisión Asesora para a Incorporación de Técnicas, Tecnoloxías e Procedementos como solicitude de autorización para a incorporación do procedemento na Carteira de Servizos do Sistema Sanitario Público de Galicia.

O termo glaucoma fai referencia a un grupo de enfermidades oculares que orixinan un dano no nervio óptico, na maioría dos casos débese ao aumento da presión intraocular (PIO). O glaucoma de ángulo aberto (GAA) é o máis común e o seu tratamento baséase na redución da PIO. Unha das alternativas cirúrxicas é a canaloplastia, unha técnica de cirurxía filtrante non perforante cuxo obxectivo é a restitución ao completo da vía de drenaxe fisiolóxica.

O obxectivo deste informe é avaliar o procedemento de canaloplastia para o tratamento do GAA en relación coa súa efectividade e seguridade. As variables avaliadas serán os cambios na PIO e a redución de fármacos necesarios para o control da presión.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.