Este informe realizouse a petición da Comisión Asesora para a Incorporación de Técnicas, Tecnoloxías e Procedementos como solicitude de autorización para a incorporación do procedemento na Carteira de Servizos do Sistema Sanitario Público de Galicia.
Os cánceres de cabeza e colo representan un conxunto heteroxéneo de tumores que plantean un importante desafío en canto o diagnóstico e control. A braquiterapia de alta tasa e un tipo de terapia de radiación que consiste na colocación dunha fuente radioactiva, xeralmente Iridio 192 de alta tasa, dentro o na proximidade do tumor e que permite administrar unha intensidade alta de radiación nun tempo reducido, disminuindo a exposición as estructuras circundantes.
Co obxetivo de avaliar a efectividade e seguridade desta técnica no tratamento de tumores de cabeza e colo, a Axencia de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias de Galicia acaba de publicar unha revisión sistemática da literatura científica sobre o tema.