Campana de vacio como tratamiento no invasivo del pectus excavatum: seguridad y eficacia

Non existe evidencia do uso da campá de baleiro no tratamento do pectus excavatum (PE) en pacientes menores de 18 anos en comparación coa corrección cirúrxica mínimamente invasiva (MIRPE). Así mesmo,tampouco se estableceu a súa efectividade en comparación con outras intervencións, como a fisioterapia respiratoria ou medidas estándar de coidado do PE. Por outra parte, en pacientes demasiado novos para se
someteren a cirurxía, ou que a rexeitan, a evidencia está limitada a un único estudio de baixa calidade con resultados moi modestos o cal impide determinar con certeza a súa efectividade real. Ainda que o dispositivo pode considerarse seguro, notificáronse  efectos adversos de escasa entidade asociados ao seu uso.




Documentos asociados

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.