Habitualmente o cancro require da aplicación de quimioterapia en múltiples sesións, administrada mediante catéteres venosos centrais. Entre estes destacan os reservorios de acceso venoso totalmente implantables (TIVAP) como o catéter central de inserción periférica con reservorio (PICC-port). O obxectivo principal deste informe é avaliar a efectividade, seguridade, impacto económico e organizativo do catéter PICC-port en comparación cos TIVAP torácicos (Port-a-Cath) en pacientes adultos oncolóxicos. Mediante a revisión sistemática realizada só foi recuperado un estudo sen grupo comparador en mulleres con cancro de mama. Non se localizou evidencia que compare os PICC-port cos Port-a-Cath.