A Coruña acolleu máis de 600 profesionais de enfermería no Congreso de Investigación en Coidados de INVESTEN

Máis de medio milleiro de profesionais da saúde reuníronse do 15 ao 18 de Novembro no Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña, Palexco, sede do "XX Encontro Investigación en Coidados" que este ano coincide co vinte aniversario da creación da Unidade de Investigación de Enfermería do Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII).


O congreso, con elevada participación internacional, (55 relatores de 15 países) prestou especial atención ao envellecemento e a cronicidade, señas de identidade de gran parte da poboación actual que require asistencia sanitaria.
fototototot.jpg
 
 
O propósito fundamental que desta reunión estivo centrado en debater as futuras directrices dos proxectos institucionais encamiñados a fomentar a investigación en coidados de saúde. Entre outros expertos participaron no Congreso a Directora do Centro de Investigación de Resultados en Saúde e Política e Profesora de Socioloxía na Universidade de Pensilvania, Linda H. Aiken, e  a Directora Xeral do Foro de Decanos da Universidade de Enfermería en Sudáfrica, Hester C. Klopper.
 
As xornadas contaron tamén coa presenza de asociacións de pacientes e ONG coa intención de favorecer o intercambio de opinións e experiencias que afectan a pacientes, coidadores e forzas sociais.
 
Paralelamente, organizáronse 8 talleres, onde os asistentes tiveron a oportunidade de formarse  na práctica baseada na experiencia, os estudos experimentais e métaos-análises.
 
Desde ACIS damos o parabén a este exitoso encontro que marca un fito na historia da enfermería da Comunidade Autónoma de Galicia.
 

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.