- O proxecto TRANSFIRESAÚDE, aprobado polo Programa de Cooperación INTERREG VIN-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027, ten unha duración de tres anos, conta cun orzamento total de 1,8 millóns de euros e está cofinanciado nun 75% por fondos FEDER.
- A Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS) coordina este proxecto, que conta coa participación de diversas entidades galegas e do norte de Portugal.
Chaves (Portugal), 27 de xuño de 2024.- A Eurocidade Chaves-Verín acolleu a xornada de presentación do proxecto TRANSFIRESAÚDE, destinado a fortalecer o ecosistema de investigación e innovación sanitaria na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Este proxecto europeo ten como finalidade fortalecer o ecosistema euro-rexional de investigación e innovación en saúde e desenvolver solucións conxuntas e innovadoras, principalmente no ámbito da IA (Intelixencia artificial), abordando os retos vinculados ao envellecemento activo e saudable e a medicina personalizada, especialmente no ámbito da atención primaria de saúde.
A Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS) coordina este proxecto que ten como socios á Eurocidade Chaves-Verín AECT, o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Innovación da Universidade de Santiago de Compostela (CiTIUS), a Universidade de Vigo, o Instituto de Investigación e Innovación en Saúde da Universidade do Porto (i3S), o Centro Clínico Académico-Braga (2CA-BRAGA), a Asociación Centro de Medicina P5, INESC TEC - Instituto de Enxeñería, Tecnoloxía e Ciencia de Sistemas e Informática e o Servizo Galego de Saúde (SERGAS).
Os socios de TRANSFIRESAÚDE reuníronse este xoves na Eurocidade Chaves-Verín para participar no evento inaugural do proxecto. A xornada contou coa participación de Antonio Fernández-Campa García-Bernardo, Xerente da ACIS, e encargado da apertura institucional do acto. A continuación, as entidades galegas beneficiarias desta acción realizaron unha presentación para explicar aos asistentes os obxectivos do proxecto, entidades participantes e abordar as actividades e tarefas a desenvolver durante o próximos tres anos, liderado pola Director da área de Desenvolvemento e Innovación Sanitaria da ACIS, José María Romero.
Tras unha breve pausa, o acto continuou coa formación de dúas mesas sobre as temáticas de "Innovación e Intelixencia artificial en Saúde" e "O papel da Investigación en Saúde para o impulso na Medicina Personalizada de Precisión: especial fincapé na Atención Primaria", nas que os participantes debateron e intercambiaron puntos de vista sobre as mencionadas temáticas.
As mesas foron moderadas por Luis Janeiro, presidente do Consello de Dirección e Profesor Coordinador da Escola Superior de Saúde Cruz Vermelha Portuguesa - Alto Tâmega, desempeñando este papel na primeira das mesas. E por Yolanda Triñanes Pego, doutora en psicoloxía e técnico na Unidade de Asesoramento Científico-técnico de Avalia-t en calidade de moderadora da segunda mesa, e onde participou en representación do Servizo Galego de Saúde, Pilar Rodríguez Ledo, Subdirectora de Humanización, Calidade e atención á cidadanía da área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
O peche correu a cargo da representación portuguesa liderada pola Eurocidade Chaves-Verín.