O Plan de innovación sanitaria PRECISAÚDE centrado na medicina 5P e dotado cun orzamento de 20 millóns de euros, ten por obxectivo manter ao sistema galego de saúde á vangarda en materia de Compra Pública Innovadora en saúde, feito recoñecido en 2021 polo Consello Europeo de Innovación como gañadores dos I premios europeos de compra pública innovadora.
PRECISAÚDE céntrase na aplicación de técnicas de diagnóstico e tratamento específicas para cada paciente teniendo en cuenta as súas características individuais, mellorando a súa calidade de vida e reducindo os seus efectos secundarios. Esta novo paradigma de atención Sanitaria chamada Medicina 5P, está baseada na personalización de tratamentos e terapias ás características de cada paciente, a prevención de enfermidades e promoción de estilos de vida saudables, a predición para anticipar factores de risco, a participación activa da cidadanía no ambiente sanitario e o enfoque nas necesidades de saúde da poboación.
Dado que a medicina 5P constitúe un enfoque amplo, o plan de innovación PRECISAÚDE céntrase ao redor de catro ámbitos de actuación prioritarios:
Solucións innovadoras baseadas en biomarcadores
orientados ao diagnóstico precoz, a detección de recorrencias e o cribado do cancro; a anticipar a resposta a tratamentos nutricionais para a obesidade, así como a avanzar no diagnóstico temperán e o seguimento de trastornos mentais.
frecha
Sistemas de simulación innovadores
para aplicar novas técnicas hemodinámicas para o tratamento da parada cardio-respiratoria e de ECMO así como do tratamento de feridas crónicas.
frecha
Solucións para a análise xenómica avanzada
integrando a análise e a etiquetaxe automatizada de datos xenómicos con minería de datos para a detección de patróns en relación aos datos clínicos dos pacientes.
frecha
Solucións innovadoras de terapias avanzadas
para o desenvolvemento de terapia génica e celular, pretendendo dispoñer de novas inmunoterapias celulares avanzadas que dean resposta a problemas de saúde non cubertos polas necesidades do mercado. Tamén aspira a desenvolver unha plataforma de xestión da produción de terapias avanzadas a través de sistemas innovadores.
frecha