3. Estruturas en rede

A nivel galego, existen varias estruturas que traballan en rede para dar apoio aos investigadores do noso sistema de saúde, como son os biobancos ou a Rede Galega de Comités de Ética da Investigación.

A nivel estatal, creáronse os Centros de Investigación Biomédica en Rede (CIBER) como estruturas estables de investigación cooperativa. Están formados por consorcios con personalidade xurídica propia, cuxo obxectivo é impulsar a investigación de excelencia en Biomedicina e Ciencias da Saúde que se realiza no Sistema Nacional de Saúde e no Sistema de Ciencia e Tecnoloxía. Para iso, concéntranse esforzos e recursos interdisciplinares e multiinstitucionais de investigación, cunha dedicación preferente de recursos financeiros ao redor de redes de coñecemento conformadas por centros e grupos de investigación dependentes de distintas administracións e institucións públicas e privadas. ​

Na actualidade o CIBER está formado por 13 áreas temáticas​:


Estes consorcios, que incorporan a grupos de investigación de toda España, contan coa participación de varios grupos do Sergas. A través da concentración de esforzos e recursos, os seus investigadores traballan en rede explotando as sinerxías baixo un marco organizativo común, co obxectivo de acadar as metas establecidas polos organismos estatais con competencias en investigación.
​

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.