Deseño, desenvolvemento e testado dun sistema modular que permita a trazabilidade dos fármacos na contorna hospitalaria.
Trátase de enriquecer a automatización dos procesos de almacenamento, dispensación e administración dos medicamentos, centrándose na dixitalización da información (código nacional, lote, caducidade e outros datos) e o seu marcado a través de etiquetas tipo RFDI e DataMatrix. Isto permitirá controlar todo o ciclo do medicamento e a xestión automática de stocks.
As probas piloto foron realizadas nas Estruturas Organizativas de Xestión Integrada (EOXI) de A Coruña e Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras.