1. Avaliación de novos EPA-SP
Remitir todos os documentos en formato electrónico a
ceic@sergas.es. No caso de que os documentos marcados con * no inclúan a sinatura electrónica dixital, os documentos orixinais asinados deberán ser remitidos á Secretaría do comité:
- Solicitude de avaliación asinada coa sinatura electrónica dixital* polo promotor ou persoa en quen delegue*.
- Xustificante de pago de taxas ou solicitude de exención das mesmas.
- Protocolo de investigación.
- Compromiso asinado coa sinatura electrónica dixital* polo/s investigador/es principal/is e currículo.
- Documentos de consentimento informado (folla de información ao paciente e folla de sinaturas).
- Memoria económica (cando proceda).
2. Resposta ás aclaracións solicitadas logo da primeira avaliación
Remitir todos os documentos en formato electrónico a
ceic@sergas.es. No caso de que os documentos marcados con * no inclúan a sinatura electrónica dixital, os documentos orixinais asinados deberán ser remitidos á Secretaría do comité:
- Solicitude de avaliación asinada coa firma electrónica dixital* polo promotor ou persoa en quén delegue*.
- Documentación das aclaracións incluidno a carta de reposta ás aclaracións e as novas versións dos documentos do estudo que resultaran modificados (limpos e con control de cambios).
3. Avaliación de modificacións relevantes
Remitir todos os documentos en formato electrónico a
ceic@sergas.es. No caso de que os documentos marcados con * no inclúan a sinatura electrónica dixital, os documentos orixinais asinados deberán ser remitidos á Secretaría do comité:
- Solicitude de avaliación asinada coa sinatura electrónica dixital* polo promotor ou persoa en quen delegue*.
- Xustificación e contido da modificación, incluindo as novas versións dos documentos do estudo que resultaran modificados (limpos e con control de cambios).