Este informe revisa a evidencia sobre a denominada abrazoterapia para o alivio da dor, a ansiedade e a depresión. O termo non aparece como terapia definida en ningún dos estudos publicados e non se considera unha intervención clínica. Identificáronse unicamente dous estudos que referenciaron o seu uso en recentemente nados e nenos pequenos durante a venopunción, que suxiren que o contacto mediante abrazos podería reducir a dor durante as extraccións de sangue, pero os resultados non son concluíntes.