Tratamiento de la hiperplasia benigna de próstata mediante láser. Propuesta de indicadores para su evaluación.

Este documento realizouse no marco de colaboración previsto no "Plan de Calidad para el Sistema Nacional de Salud elaborado por el Ministerio de Sanidad y Política Social", ao amparo do convenio de colaboración subscrito polo "Instituto de Salud Carlos III", organismo autónomo do "Ministerio de Ciencia e Innovación" e a Fundación Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

A hiperplasia benigna de próstata (HBP) é un dos tumores benignos máis frecuentes en homes maiores de 50 anos. O tratamento cirúrxico vai dirixido a diminuír os síntomas obstructivos urinarios e mellorar a calidade de vida do paciente, para iso a resección transuretral de próstata (RTUP) é o tratamento de referencia. Co fin de diminuír as complicacións asociadas á RTUP, nos últimos anos desenvolvéronse novos tratamentos alternativos entre os que destacan diferentes técnicas láser.

Os obxectivos do informe son: realizar unha revisión sistemática sobre a eficacia e seguridade das diferentes técnicas láser, en comparación coa resección transuretral, no tratamento da hiperplasia benigna de próstata; e elaborar unha proposta de indicadores de calidade para avaliar os resultados da súa implantación na práctica clínica.

Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde é unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.